Impulsa a túa actividade comercial en Ponteareas
Benefíciate das vantaxas de formar parte dunha imaxen corporativa como Banastra e dos servizos que ofrecemos.

Proporcionaranse de xeito gratuito carteis corporativos anunciadores de rebaixas, campañas e máis.
Tamén carteis oficiais de obrigada exposición pública, tanto para o comercio como para a hostelería. (Obrigatoriedade de cobro de bolsas, existen follas de reclamacións, etc.)
Temos convenio con entidades financieiras . Desta maneira os socios da asociación teñen mellores condicións na obtención de créditos, TPV, etc…
Participación en campañas de fidelización de clientes. Sorteos de agasallos: Campaña de Nadal, Campaña día do pai, Campaña día da nai, Campaña da volta ao cole.
Asesoramento sobre calquera tema no que se teñan dúbidas, normativas dos comercios, lei da protección datos, solicitud de subvencións, etc…
Participación en eventos: Feiras de oportunidades, Feiras de mostras (Como o Banastra love, feira da saúde), etc…
Convenio con Vifordat para o asesoramento na protección de datos.
Puntuación extra á hora de solicitar unha subvención da Dirección Xeral de Comercio.
A través do plano comercial, onde aparece o listado de socios con nome, enderezo, e situación.
Cursos de formación e charlas específicos para cada sector.
Cuñas en radio: a nivel xeral e aparición en medios escritos como periódicos e revistas.
Aparición de balde na nosa Web
Sendo socio terás presenza gratuita na nosa páxina web. A través dun buscador, aparecen todos os establecementos asociados, e unha ficha de cada un deles cos principais datos e fotografías, enlace a Google maps, redes sociais e páxina web se dispós dela.
Mobiliario urbano
Paneis publicitarios donde aparece o plano de Ponteareas, a relación de socios e onde se atopan cada un.


Administracións Públicas
Unha interlocución ante as Administracións Públicas coa finalidade de defender conxuntamente os nosos intereses, e resolver os nosos problemas.