Segundo Concurso de Tartas.
Banastra e a Praza de Abastos organiza o “Segundo Concurso de Tartas Caseiras”. Será este xoves 19 de setembro na Praza de Abastos.
Para participar podes recoller a túa ficha de inscrición na Cafetería de Tres da Praza e entregalas no mesmo sitio ata o día 18 ás 22:00 h.
Os agasallos se repartirán en vales de compra a canxear na Praza de Abastos e repártense do seguinte xeito:
1º Premio: Vale e compra por valor de 200 € a gastar na Praza de Abastos.
2º Premio: Vale de compra por valor de 100 € a gastar na Praza de Abastos.
3º Premio: Vale de compra por valor de 50 € a gastar na Praza de Abastos.
Indicámosche a continuación as BASES do “Segundo Concurso de Tartas Caseiras do Mercado de Ponteareas”:
- Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que non sexan profesionais do sector da hostalería, pastelería e similares.
- INSCRICIÓNS: Na cafetería da Praza de Abastos en horario de 9:00 a 14:30 h e de 17:00 a 23:00 h e data límite de inscrición o mércores 18 de setembro ata as 11:00 h. A inscrición será gratuíta sempre que se cumpran os requisitos. Para poder inscribirse a persoa interesada deberá encher unha ficha de inscrición na que se recollerán os seus datos persoais e se lles asignará un número de participante co que concursará e dito número porase diante da tarta.
- As tartas a concursar traeranse entre as 11:00 e 11:30 horas do día 19 de stembro (día do concurso) para ser expostas na mesa situada na primeira pranta da Praza xunto co seu número.
- Na presentación aportarase a receita de elaboración da tarta nun folio con letra lexible (pode ser a man ou a ordenador) e dita receita debe recoller os ingredientes, o proceso de elaboración e o nome da torta.
- O xurado valorará, a súa presentación, innovación, cor, textura e gusto e tamén valoraranse que os ingerdientes de elaboración da torta non sexan de elaboración industrial e que sexan produtos naturais e cercanos.
- O xurado estará composto por 4 membros da Asociación do Mercado ademais dun profesional do ramo da repostería e un representante Municipal.
- Agasallos:
1º Vale e compra por valor de 200 € a gastar na Praza de Abastos.
2º Vale de compra por valor de 100 € a gastar na Praza de Abastos.
3º Vale de compra por valor de 50 € a gastar na Praza de Abastos.
- Os premiados doarán as tortas para a egustación no mercado para cliente e os propios praceiros e praceiras.
- Non poderán participar no concurso aquelas persoas que pertenzan ao mercado, tanto poden ser donos como persoal asalariado. Así mesmo non poderá participar persoas que directamente ou indirectamente teñan negocios relacionados coa pastelería ou similar, e en xeral coa hostalería.
- As tortas non poderán ser feitas en obradoiros profesionais e polo tanto só serán admitidas a consurso aquelas feitas no fogar, é dicir caseiras, feitas con ingredientes naturais e cercanos, quedando polo tanto descalificadas todas aquelas que non cumpran as normas anteriormente citadas.
Animate a participar e moita sorte!