I Concurso de Hostalería “Ilumina Ponteareas en Nadal”
Con motivo das festas de Nadal 2019 o Banastra, e coa Colaboración da Concellería de Comercio, organiza o I Concurso de Hostalería “Ilumina Ponteareas en Nadal”. O presente Concurso ten por obxecto promover a creatividade dos hostaleiros á hora de decorar os seus establecementos durante as próximas Festas Do Nadal, de forma que sexan máis atractivos para os veciños e clientes, á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo, en datas tan sinaladas, nas rúas deste Ponteareas.
Poderán participar no concurso todos os establecementos de hostalería abertos ao público no Municipio de Ponteareas. Os participantes terán plena liberdade en canto á técnica e o estilo. Deberán ter o establecemento regularmente aberto.
A inscrición é gratuíta e as instancias admitiranse exclusivamente no modelo normalizado facilitado por Banastra, dende o próximo día 15 de novembro ata o 1 de decembro, ambos os días incluídos, debendo estar o escaparate instalado o día 1 de decembro.
O Xurado realizará as visitas aos establecementos participantes no horario de apertura comercial entre os días 1 e 13 de decembro, sen aviso previo aos participantes. Tras as visitas realizará a votación o día 14 de decembro. Os premios outorgados serán os seguintes:
- Primeiro Premio: Cea, noite de hotel e almorzo en Hotel da Natureza Nande (As Neves)
- Segundo e Terceiro Premio: Recibirán agasallo conmemorativo como participantes finalistas do I Concurso.
Todos aqueles ineresados en participar podense poñer en contacto con nós a través do WhatsApp 682 824 605.