I Concurso de Escaparatismo:”Ponteareas vístese de Nadal”
Con motivo das festas de Nadal 2019 o Banastra, coa Colaboración da Concellería de Comercio, organiza o I Concurso de escaparatismo “Ponteareas vístese de Nadal”. O presente Concurso ten por obxecto promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus establecementos e produtos durante as próximas Festas Do Nadal, de forma que sexan máis atractivos para os veciños e clientes, á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo, en datas tan sinaladas, nas rúas deste Ponteareas.
Poderán participar no concurso todos os establecementos comerciais abertos ao público no Municipio de Ponteareas, calquera que sexa a súa actividade. Os comerciantes participantes terán plena liberdade en canto á técnica e o estilo. Deberán ter o establecemento regularmente aberto.
A inscrición é gratuíta e as instancias admitiranse exclusivamente no modelo normalizado que che facilitareos. Tes de prazo para inscribirte dende o próximo día 15 de novembro ata o 1 de decembro, ambos os días incluídos. O escaparate deberá estar instalado o día 1 de decembro.
O Xurado realizará as visitas aos establecementos participantes no horario de apertura comercial entre os días 1 e 13 de decembro, sen previo aviso aos participantes. Tras as visitas realizará a votación o día 14 de decembro e designase e fará público os establecementos que, a xuízo do mesmo, resultaron gañadores do o premio outorgado que serán os seguintes:
- Primeiro Premio: Cea, noite de hotel e almorzo en Hotel da Natureza Nande (As Neves)
- Segundo e Terceiro Premio: Recibirán agasallo conmemorativo como participantes finalistas do I Concurso.
Si tes un negocio en Ponteareas e queres participar no noso concurso, pide máis información no WhatsApp 682 824 605.
¡Sorte a todos e a todas!