Academia de apoio escolar.
Se necesitas un profesor particular en Ponteareas esta é a túa academia.
En FormaTea traballamos con grupos moi reducidos para levar un seguimento de cada un dos nosos alumnos e axustarnos á metodoloxía do seu centro de estudos. Apoiamos o estudo e damos pautas aos nosos alumnos para que comprendan e superen facilmente as súas materias.
Impartimos materias como matemáticas, física e química, tecnoloxía, ciencias naturais, debuxo técnico, estatística, lingua castelá e galega, economía, etc. Especializados en niveis de ESO, Bacharel, Ciclos, FP, Universidade.
Axudamos na preparación de probas libres para adultos como a obtención do título da ESO, accesos a ciclo Medio e Superior.
Os nosos profesores son especialistas nas materias que imparten e involúcranse activamente cos alumnos.
Se necesitas apoio escolar este curso, non dubides con contactar connosco e explicarémosche cal é o noso método de traballo e como nos podemos adaptar ás túas necesidades.